lunes, 14 de mayo de 2012

MAYO por Piero Galasso


Verdade sobre produto
Sorriso como salvoconduto
Sentir parello ó do meniño
Proezas propias en forma de agarimos.

Xigante entre andamios
De xeonllos atopa beleza nos derradeiros anacos
Onde outros ouvean e se laian

Ela espállase leda coma a saraiba.


Ós seus pés xurdiron coincidencias
Papudas versións encarecidas
Tolemias que tentan achegarse
A unha bondade da que endexamáis poderán afastarse.

Ánimas degradadas a esquíos rechamantes
Saborosas representacións de escolma grega
Sen percibiren máis son ou xerga
Que a forza da súa paixón escagallada no agora, mañán e antes.


Piero Galasso

No hay comentarios:

Publicar un comentario